Friday 17 de May de 2024

Actividade pioneira no Nadal de Riveira cun planetario no que os veciños disfrutarán dunha observación guiada das estrelas


A ACCIÓN É GRATUÍTA E DESENVOLVERASE DO 26 AO 30 DE DECEMBRO E DO 2 AO 4 DE XANEIRO, DE 17 A 21 HORAS

Riveira acrecenta o seu programa de Nadal cunha actividade pioneira en Galicia: un planetario no que calquera interesado poderá disfrutar dunha observación guiada das estrelas.

A voceira do goberno municipal de Riveira, Herminia Pouso, e Lucía Canda como xerente dun novo establecemento comercial instalado na nosa cidade chamado Mundo Estrellado, presentaron esta mañá esta iniciativa que se desenvolverá gratuítamente do 26 ao 30 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro no palco de pedra do Malecón.

Catro sesións diarias
O planetario consta dun domo tipo de iglú (con 5 metros de diámetro e 3,4 de alto) con capacidade para albergar ata 50 persoas adultas ou ata 70 nenos. No seu interior ten un espello no que, ao accionar un proxector sobre el conectado cun ordenador provisto do programa Stellarium (moi coñecido entre os afeccionados e profesionais da astronomía) permite que toda a cúpula se converta nun planetario onde poder localizar dende un pequeno satélite ata unha gran constelación. Con esta infraestrutura a propia Lucía Canda guiará aos asistentes en sesións que durarán aproximadamente entre 45 e 50 minutos. Haberá catro cada día, comezando a primeira ás 17 e finalizando a última ás 21 horas.

Lucía Canda enfatizou o carácter pioneiro desta proposta que organiza o Concello, pois en Galicia só hai un planetario destas características pero non se utiliza par actos desta índole. Destacou a incrible experiencia de “ver o ceo no seu estupor” e avanzou que ademais de viaxar polas estrelas tamén se falará algo de mitoloxía.

Para poder asistir non fará inscrición previa e a cada asistente se lle entregará un ticket de tres cores posibles en función da idade (ata 12 anos, de 12 a 18 anos e maiores de 18 anos) a efectos de contar a xente asistente.

Herminia Pouso animou a toda cidadanía a que se implique nesta espectacular actividade e destacou a idoneidade desta actividade divulgativa para todas as diades impulsada por un municipio que está apostando firmemente pola redución da contaminación lumínica con accións como o cambio de luminarias polas novas led en tanto que zonas do noso concello como Sálvora son destinos turísticos Starlight.